Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xaneiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica o expediente 164/1998, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Construcciones Piñeiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e últimos domicilios coñecidos en Ardía-O Grove-Pontevedra, resolución do recurso sancionador número O-0164/98, interposto por Construcciones Piñeiro, contra o expediente referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, por realización dunha canalización sen autorización na zona de dominio público da estrada C-550, ó entender que tales actuacións constitúen unha infracción moi grave á Lei de estradas de Galicia; da que a súa parte dispositiva di:

«Un.-Declarar a CYC Piñeiro, S.L. responsable da comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 43.4º a) LEG.

Dos.-Impoñerlle sanción de multa de 350.000 ptas.

Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación da presente resolución (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG), e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria por conta do causante.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A multa deberá facerse efectiva ingresando o seu importe na conta restrinxida para a recadación de multas e sancións da Delegación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra na Caixa de Galicia, conta número 311.500.007/9, sucursal de r/ Calvo Sotelo, 3, Pontevedra no prazo de vinte días contados a partir da data de recepción desta resolución».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1999.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda