Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do extravío do xustificante de depósito provisional en metálico 471/97, do 11 de abril de 1997, que garante a Marva, S.A., para os efectos da expedición dun duplicado.

Producido o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico do 11 de abril de 1997, co número de rexistro 471/97, polo importe de 86.000 pesetas, polo que se garante a Marva, S.A., formúlase requirimento oficial e público a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse, para que o presente, sen máis demora, nesta Subdirección Xeral do Tesouro, de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación do presente anuncio non se presentara, procederase sen máis trámite, á extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante formal e suficientemente acreditado, declarándose, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá producir efecto ningún diante da Administración nin de terceiros.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro 1999.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro