Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan comprobacións de valores pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Mª Pilar Rodríguez Novelle e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobación de valores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 Entr., en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de xaneiro de 1999.

Francisco Norberto Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Mª Pilar Rodríguez Novelle

DNI: 34.374.146

Valle Inclán, 49 Ourense

Comprobación valores.

Imposto sobre sucesións e doazóns

Expediente 795/1993

Comercializadora Regional

Canaria, S.A.

NIF: A-38055075

Urbanización Guajara Baja 7

La Laguna-Sta. Cruz de Tenerife

Comprobación valores

Imposto sobre sucesións e doazóns

Expediente TO 6024/1991

José Manuel Souto Rodríguez

DNI: 34.910.534

r/ Quintián, 28-1º C Ourense

Comprobación valores

Imposto sobre sucesións e doazóns

Expediente TO 6760/1992

Rogelio González Prado

DNI: EX 3201372

Vilela-Bande, Ourense

Comprobación valores

Imposto sobre transmisións

Expediente 4972/1994

José Fernández Martínez

DNI: 34.534.728

r/ Francisco de Moure,

2-2º C Ourense

Comprobación valores

Imposto sobre transmisións

Expediente 4972/1994