Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Enderezo social: Avda. de José Antonio, 21, 36000 La Lama.
Denominación: L.M.T e C.T Soutosico.
Situación: Fornelos de Montes.
Descricións técnicas: L.M.T, aérea, a 20 kV, de 614 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T San Vicente-Forzáns, rematando no C.T. que se proxecta en Soutosico, concello de Fornelos de Montes. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de decembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra