Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 1999, polo que se aproban as contratacións por concurso, para a execución das obras que a continuación se sinalan consonte as seguintes características:

Título da obra:: iluminación pública na parroquia de Camoira, lugares de Camoira, Maira, Aez e Torre.

Orzamento: 9.241.938 ptas.

Prazo: 3 meses.

Título da obra: iluminación pública na parroquia de San Pedro de Mera, lugares de Crecente, Devesa, Chousa, San Pedro de Arriba, Hospital, San Pedro de Abaixo, Remesar e San Pedro.

Orzamento: 9.381.732 ptas.

Prazo: 3 meses.

Título da obra: iluminación pública na parroquia de Vilachá de Mera, Lugares de Vigo, Fontenla, Cal

do Correlo, Liñar, Tras do Liñar, Pena, Facoi, Gramel, Toande e Albazoi.

Orzamento:14.163.686 ptas.

Prazo: 3 meses.

Título da obra: iluminación pública na parroquia de Bacurín, Lugares de Vigo, Estrada, San Miguel, Carpaceiro e Ferreiral.

Orzamento: 7.403.760.

Prazo:3 meses.

1. Entidade aduxidicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato: descrición do contrato: a execución das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos bases de licitación: os sinalados anteriormente.

5. Garantías: provisional: o 2% sobre o orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data limite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concursos): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, agás sábado, posterior ó prazo de remate das proposicións. Este prazo ampliarase ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse rgulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no punto 6-d.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 27 de xaneiro de 1999.

José M. Barreiro Fernández

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecreario habilitado