Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización na UEI. Tres-1.

O Concello de Betanzos, en sesión plenaria realizada o pasado vintenove de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización na UEI. Número tres-1 promovido por Luis Malde Manso e outros.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 44-3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sometendo o estudio presentado a información pública por espacio dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Betanzos, 17 de novembro de 1998.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente