Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 3 de febreiro de 1999, polo que se aproban as contratacións por concurso, para a execución das obras que a continuación se sinalan, consonte as seguintes características:

Título da obra: saneamento de núcleos.

Orzamento: 7.500.000 ptas.

Prazo: 3 meses.

Título da obra: asfaltado de pistas municipais.

Orzamento: 15.000.000 de ptas.

Prazo: 4 meses.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato: descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: os sinalados anteriormente.

5. Garantías: provisional: o 2% sobre o orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: praza Maior, 1.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, agás sábado posterior ó prazo de remate das proposicións. Este prazo ampliarase ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no punto 6-d.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 3 de febreiro de 1999.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado