Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria en substitución da ordinaria, celebrada con data do 28 de decembro de 1998 adoptou, entre outros o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente por instancia de José Luis Cruz López en representación de Promotora Fercrusa, S.L. o proxecto de urbanización da rúa Portalón do Casar do PXOU, de Ourense, coas condicións sinaladas polo servicio eléctrico con data do 7 de setembro de 1998 e previa constitución de garantía polo importe de 1.118.978 ptas. un millón cento dezaoito mil novecentas setenta e oito pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros se así o crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de xaneiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enriquez

Alcalde-presidente