Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO de contratación de obra de construcción de vivenda en Ribeira-San Pedro de Sarandón.

Aprobada a execución da obra de infravivenda rural en Ribeira-San Pedro de Sarandón, mediante poxa, anúnciase a contratación segundo as seguintes cláusulas:

1. Obxecto: a contratación da obra de construcción da citada vivenda.

2. Procedemento e forma de adxudicación.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

3. Documentación e información.

Entidade: Concello de Vedra. A Coruña.

Domicilio: Avda. M. Gómez s/n.

Localidade e C.P.: Vedra, 15885.

Teléfono: 981 50 30 01. Telefax: 981 50 33 31.

Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentarnase no rexistro xeral da Casa do Concello ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazo dos 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 14 horas.

5. Orzamento base de licitación: 4.600.090 ptas.

6. Fianza.

Provisional: 2% do tipo licitación.

Definitiva: 4% do rozamento.

7. Apertura de plicas e adxudicación.

Celebrarase na Casa do Concello de Vedra ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

9. Modelo de proposición: «D/Dª..., con domicilio en..., rúa..., teléfono...,con DNI núm..., actuando en nome propio (ou na representación de...) con DNI ou CIF núm..., e con domicilio en..., rúa..., núm..., toma parte na poxa convocada polo Concello de Vedra e publicada en..., para a execución das obras comprendidas no proxecto de..., para efectos do que fai constar:

1º.-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2º.-Que coñece ae acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de 1999.

O licitados, (asinado e rubricado)»

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de construcción de vivenda en Ribeira-San Pedro de Sarandón, presentada por...

En..., ... de 199..

O licitador (asinado e rubricado).

Vedra, 19 de xaneiro de 1999.

Odón C. Cobas García

Alcalde