A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 1-2-1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para agregación de predios e definición de volumetría no polígono de Acea de Olga (predios 12.B.1.A e 12.B.1.B), solicitado por Castañer y Castañer, S.L.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen
prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 4 de febreiro de 1999.
José A. Mourelle Cillero
Vicesecretario habilitado
Visto e Prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)
Ramón Jaime Arias Roca
Tenente alcalde delegado de Área