Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 1-2-1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e reaxuste de aliñacións na unidade de actuación centro sur número 10 (rúa Montirón-rúa Rei Don García), solicitado por José Díaz Lage, en representación de Iesa, S.L.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 4 de febreiro de 1999.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e Prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente alcalde delegado de Área