De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-620/1998, por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-620/1998.
Inculpado: Alufar, S.L.
Domicilio: San Martino de Oleiros, Ribeira.
Motivos: obstrucción ó labor inspector.
Data da iniciación: 12-1-1999.
A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego
de Consumo