Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública unha relación de adxudicacións definitivas de contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

I. Subministración de moblaxe xeral para o Hospital Comarcal do Salnés-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-26/98.

2.Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento de moblaxe xeral con destino ó Hospital Comarcal do Salnés.

c) Lote: 4 lotes.

d) Boletín ou Diario Oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 191, do 1 de outubro de 1998 e BOE nº 233, do 29 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e sete millóns oitocentas mil pesetas, IVE incluído (47.800.000 ptas., IVE incluído).

Lote nº 1: 27.047.700 ptas.

Lote nº 2: 14.983.700 ptas.

Lote nº 3: 3.843.600 ptas.

Lote nº 4: 1.925.000 ptas.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equipamento meses e andeis.

a) Data: 26 de novembro de 1998.

b) Contratista: Sutega, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintedous millóns seiscentas vintetrés mil setecentas noventa e nove pesetas, IVE incluído (22.623.799 ptas., IVE incluído).

Lote nº 2: cadeiras.

a) Data: 26 de novembro de 1998.

b) Contratista: Sutega, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: once millóns seiscentas cincuenta e unha mil seiscentas cincuenta e catro pesetas, IVE incluído (11.651.654 ptas., IVE incluído).

Lote nº 3: camas, sofas, mesas de centro.

a) Data: 26 de novembro de 1998.

b) Contratista: DISMOGA, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns cento trinta e sete mil catrocentas sesenta e nove pesetas, IVE incluído (3.137.469 ptas., IVE incluído).

Lote nº 4: complementos.

a) Data: 26 de novembro de 1998.

b) Contratista: Imagen Hostelería y Oficinas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón catrocentas vinteunha mil trescentas cincuenta pesetas, IVE incluído (1.421.350 ptas., IVE incluído).

II. Adquisición de dúas unidades de resonancia magnética de 0,5 e 1,5 teslas para o Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza ( A Coruña) e o arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC.-28/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento de dúas resonancias magnéticas de 0,5 e 1,5 Teslas con destino Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Maritimo Oza e arquitecto Marcide-Novoa Santos.

c) Lote: dous lotes.

d) Boletín ou Diario Oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 190, do 30 de setembro de 1998 e BOE nº 233, do 29 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos noventa e nove millóns de pesetas, IVE incluído (299.000.000 de ptas., IVE incluído).

Lote nº 1: 189.000.000 de ptas.

Lote nº 2: 110.000.000 de ptas.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: unidad de resonancia magnética de 1,5 Teslas.

a) Data: 1 de decembro de 1998.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta e nove millóns de pesetas, IVE incluído (189.000.000 de ptas., IVE incluído).

Lote nº 2: unidade de resonancia magnética de 0,5 Teslas.

a) Data: 1 de decembro de 1998.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento dez millóns de pesetas, IVE incluído (110.000.000 de ptas., IVE incluído).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Rercursos

Económicos