De conformidade co disposto no artigo 59.4, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-1076/1998, por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións ou informacións coide convenientes, e de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-1076/1998.
Inculpado: Hosteline, S.L. Pizza Jet.
Domicilio: Área Central 11-B, As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Motivos: irregularidades no etiquetado.
Data da iniciación: 1-12-1998.
A Coruña, 26 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego
de Consumo