Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ANUNCIO do 4 de febreiro de 1999 polo que se fai pública a aprobación do prego de condicións xerais para autorizacións de subministración de combustible a embarcacións desde camión cisterna nos portos dependentes de Portos de Galicia.

O presidente de Portos de Galicia aprobou, por Resolución do 4 de febreiro de 1999, o prego de condicións xerais para autorizacións de subministración de combustible a embarcacións desde camións cisterna nos portos dependentes de Portos de Galicia.

O que se fai público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinalo nos servicios centrais e provinciais de Portos de Galicia e solicitar nestes servicios as correspondentes autorizacións.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1999.

Manuel García Blanco

Xefe do Área de Planificación e Explotación