Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.857

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (258/1997).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e oito.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de verbal 258/1997 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante, Loyda Rodríguez Beceiro co procurador Cuns Núñez e doutra, como demandada, entidade mercantil Galicia, S.A. Seguros e Reaseguros.

Decido: que debo desestimar e desestimo a demanda presentada polo procurador Antonio F. Cuns Núñez, en nome e representación de Loyda Rodríguez Beceiro, contra entidade mercantil Galicia, S.A. Seguros e Reaseguros, absolvendo a demandada das

pretensión deducidas na súa contra e impoñéndolle á demandante as custas procesuais causadas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación neste xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a súa notificación, mediante escrito de formalización do recurso formulado, conforme dispón o vixente artigo 733 LAC.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de entidade mercantil Galicia, S.A., Seguros e Reaseguros, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado