Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.857

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (133/1998).

En virtude do acordado polo xuíz de primeira instancia e instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 133/1998-3 por instancia de Jesús Torres Domínguez, para facer constar no Rexistro da Pro

piedade a reanudación do tracto sucesivo en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

«Casa sinalada co nº 7, hoxe nº 15 D, no lugar de San Lázaro desta cidade de Santiago de Compostela, composta de planta baixa e piso alto, antes só de planta baixa. Ocupa un soar de 22 pés e 6 polgadas de ancho, por 19 pés e 6 polgadas de largo, que fan a superficie duns 54 metros cadrados, coa súa horta ás costas, duns 6 cuartillos e medio ou 1 área e 73 centiáreas. Linda no seu conxunto: norte, ou fondo, coa agra chamada do Souto; sur, ou fronte, a rúa de San Lázaro; leste, medianeira da casa nº 6 da dita rúa, propiedade hoxe de herdeiros de Carmen Míguez Míguez; e oeste, de María Pérez Antelo. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 283 do arquivo, libro 122 do Concello de Santiago de Compostela, folio 227, predio nº 4.634, inscrición 3ª».

Polo presente edicto cítanse os habentes causa do titular rexistral do predio, Manuel Gallego Insua e cantas persoas ignoradas poidan ser afectadas por este expediente e prexudicadas pola inscrición que se solicita co fin de que, no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto no seu dereito conveña, segundo a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, quince de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado