Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.857

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (129/1992).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no xuízo verbal seguido neste xulgado co nº 00129/1992 por instancia de Banco Vitalicio de España, S.A. e Mª de los Ángeles Rodríguez Álvarez contra José Manuel Becerra, Viajes Pellet, S.L. y Mercurio, S.A., cítase a José Manuel Becerra, para que o día sete de xuño de mil novecentos noventa e nove, ás 10 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir á celebración do xuízo verbal, baixo apercibimento de que, de non o facer, seguriá o xuízo na súa rebeldía.

E para que lle sirva de citación o demandado Manuel Rey Becerra, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o once de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado