Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/11987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de unificación e substitución das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

* V-0835; XG-052, entre Ourense e Barrio, con anexos.

* V-2032; XG-172, entre Ourense e A Torre, con anexos.

* V-3024; XG-339, entre Ourense e Verín, con anexos.

* V-7031; XG-405, de Ourense a Portela de Home, A Madanela, Ponte Barxas e A Cañiza, con anexos.

Da titularidade da empresa Anpian, S.A.

O proxecto de unificación e substitución agora presentado modifica o sometido a información pública no Diario Oficial de Galicia nº 66, do 7 de abril de 1994.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Ourense (r/ Curros Enríquez, 1, entreplanta), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes