Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se regulan determinados aspectos do programa de axudas e subvencións a escolas obradoiro e casas de oficios para o exercicio de 1999 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante Orde do 27 de abril de 1998 (DOG nº 82, do 30-4-98), procedeuse á adecuación da Orde do 3 de agosto do 1994, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, reguladora do programa de escolas obradoiro e casas de oficios ás especificidades da normativa procedemental, orzamentaria e competencial propias da Administración da Comunidade autónoma galega.

Esas especificidades, xunto cos principios de economía e eficiencia e a ausencia de modificacións no seu articulado, agás no relativo á aplicación orzamentaria, xustifican establece-lo financiamento para 1999, das axudas e subvencións reguladas ó abeiro da citada orde, de conformidade co previsto na Lei 6/1998, de 29 de decembro, de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Consecuentemente co que antecede, e no uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

A xestión do programa de escolas obradoiro e casas de oficios durante 1999 rexerase polo previsto na Orde do 27 de abril do 1998.

Artigo 2º

As axudas que se concedan para o funcionamento de escolas obradoiro, casas de oficios e unidades de promoción e desenvolvemento financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.241A.480.0.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Fomento do Emprego para dicta-las instruccións necesarias para a execución do previsto nesta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro do 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción

do Emprego, Muller e Xuventude