Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio da escola municipal de xogos.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrominio e Contratación. Nº expediente: 3821/332.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de xestión da escola municipal de xogos.

Lotes: no.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 6.500.000 ptas. (39.065,79 euros).

5. Garantías: provisional: dispensada. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40. Correo electrónico: ofi.patmun*vigo.org.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: os 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Plazo de obrigación de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10.4º do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 8 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde