Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Tramitada a modificación puntual nº 2 das normas subsidiarias de planeamento deste Concello de Vilanova de Arousa, que afecta á zona da Cerca-As Rodas, o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o 10 de decembro de 1998, adoptou acordo de súa aprobación definitiva.

O que se fai público, en cumprimento do estableciedo polo Art. 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para xeral coñecemento.

Vilanova de Arousa, 11 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado