Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de reparcelación das parcelas 4 e 5 do E.D. IV-01 praza San Lourenzo (expediente 4118/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 15 de xaneiro, acordou aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación das parcelas 4 e 5 incluídas no estudio de detalle da unidade de execución praza de San Lourenzo, presentado por Promociones Agoeira, S.L., redactado polo arquitecto José Herrero García, visado polo COAG o 22 de xullo de 1998 e o anexo á memoria con data do 23 de decembro de 1998.

Procédese ó trámite de información pública do expediente durante o período mínimo de vinte días, con citación pesoal dos interesados e a través da correspondente publicación no DOG, segundo o establecido no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo