Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Convócase o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun posto de traballo de auxiliar

administrativo para a Unidade Asistencial de Drogodependencias.

As bases para rexe-la contratación foron aprobadas polo Pleno desta Corporación Municipal en sesión do 25-1-1999, e publicáronse integramente no BOP da Coruña nº 26, do 2-2-1999.

Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 4 de febreiro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Alcalde