Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

De acordo coas bases aprobadas pola Comisión de Goberno, en sesión levada a cabo o 11 de xaneiro de 1999, solicítanse candidatos para cubrir laboralmente mediante contrato temporal de media xornada en horario de tarde unha praza de auxiliar de biblioteca, para a axencia de lectura municipal de Ribadetea (Ponteareas).

Requisitos:

1. Ser maior de idade e non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento da súa función.

2. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

3. Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.

4. Ser cidadán membro da Unión Europea.

5. Posuír título de bacharelato, FP2 ou equivalente.

Documentación:

O currículum vitae e demais documentación presentarase no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da inserción da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A devandita documentación presentarase no rexistro do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas, sito na Lomba do Cruceiro, Ribadetea (Ponteareas) en horario de 9 a 14 horas ou ben polos procedementos admitidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A documentación consistirá en fotocopias non compulsadas de tódolos méritos que se achegen.

Se non se presentaran fotocopias dos méritos que se desexen alegar no prazo indicado, estes non se terán en conta para os efectos da súa puntuación.

Así mesmo, achegarase unha fotocopia do DNI.

As bases polas que se rexe esta contratación estarán á disposición dos interesados no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas.

Ponteareas, 13 de xaneiro de 1999.

José Castro Álvarez

Alcalde