Convócase o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun posto de traballo de psicólogo para a Unidade Asistencial de Drogodependencias.
As bases para rexe-la contratación foron aprobadas polo Pleno desta Corporación Municipal en sesión do 25-1-1999, e publicáronse integramente no BOP da Coruña nº 26, do 2-2-1999.
Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Ribeira, 4 de febreiro de 1999.
José Luis Torres Colomer
Alcalde