Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve a ampliación do expediente de clasificación dun monte desta provincia 129/80.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 9 de decembro de 1998 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, Emilio Sánchez Coto e do secretario en funcións Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución

de clasificar como veciñal en man común o monte seguinte:

Expediente número: 129/80 (ampliación).

Denominación: montes As Regas e Penas Apertadas (parte que estivo ocupada polo Exército).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Pedreda.

Concello: Lugo.

Superficie: 73 ha.

Lindeiros:

Norte: camiños públicos e predios de Domingo Sánchez Picado e outros. Leste: camiños públicos, predios dos herdeiros de José Castro e outros e monte veciñal da comunidade de Pedreda xa clasificado. Sur: máis monte da comunidade de Pedreda xa clasificado e monte pertencente á parroquia de Santiago de Castelo. Oeste: Muíño Vello e río Fervedoira ou Ferreira. Dentro do monte clasificado existen dous enclaves propiedade de Pedro Pumariño -número 1 do bosquexo- e dos herdeiros de José Castro -número 2 do bosquexo- (próximos ó lugar de Astrar), e outro enclave propiedade de Francisco Otero -número 3 do bosquexo- (próximo ó lugar de Cima de Vila).

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 9 de decembro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo