Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (62/92 e tres máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 9 de decembro de 1998 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, Emilio Sánchez Coto e do secretario en funcións Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número: 62/92.

Denominación: monte de Rebedul.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Rebedul.

Parroquia: Córneas.

Concello: Baleira.

Superficie: 75 ha.

Descrición do perímetro: partindo dunha pedra movida na beira dereita da estrada de Louxas á Cereixal, lugar de Castiñeira Vella, na que cadran os concellos de Becerreá, Baleira e Navia de Suarna, segue polo límite do concello de Becerreá ata os cultivos agrícolas e de cereais da vila de Rebedul, que bordea, ata chegar ó camiño vello polo que segue para despois continuar por unha faixa que separa os termos do citado lugar e Vilagarcía, segue lindeiro dunha repoboación nova de Vilagarcía e outra vella de Rebedul, ata a faixa aberta no arboredo adulto de Pinus sylvestris polo que se chega á pedra citada ó comezo.

Expediente número: 32/93.

Denominación: monte de Vilagarcía.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilagarcía.

Parroquia: Córneas.

Concello: Baleira.

Superficie: 184 ha.

Descrición do perímetro: comezando no Pico de Restelo segue o límite co concello de Navia de Suarna ata unha pedra movida na beira dereita da estrada de Louxas á Cereixal, no lugar de Castiñeira Vella, segue por unha faixa aberta no arboredo adulto de Pinus sylvestris, para continuar polo límite dunha repoboación nova de Vilagarcía e outra adulta da vila de Rebedul, ata unha faixa que separa os montes de ámbalas dúas vilas ata o camiño vello a Córneas co que cadran nun treito, bordea unha estreita franxa de cultivos agrícolas ata a estrada asfaltada de Córneas, pola que segue na dirección ó lugar de Vilagarcía, ata atopar novos cultivos agrícolas e de cereais existentes ó norte e oeste da vila, continuando polo límite deste ata a masa de Pinus sylvestris que delimita para rematar no Pico de Restelo, onde se comezou.

Expediente número: 30/93.

Denominación: monte Bidueiras.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Cervo.

Concello: Cervo.

Superficie: 11 ha.

Lindeiros:

Norte: herdeiros de José María Crego, herdeiros de Antonio Basanta, José Sampedro Piñeiro e Concepción Fernández Chao. Leste: Jesús Fraga Valmayor, Natividad Basanta e herdeiros de Jesús Taladrid. Sur: Herminia Saavedra e herdeiros de José María Crego. Oeste: Ramón Fernández Goás, Saturnino Baltar e outros e herdeiros de José María Crego. Dentro destes lindeiros existe un enclave propiedade de José María López García, que queda excluído da clasificación.

Expediente número: 9/95.

Denominación: monte de Trabadela.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Trabadela.

Parroquia: Sante.

Concello: Trabada.

Superficie: 8,5 ha.

Lindeiros:

Norte: predio particular de José Fernández Fernández, veciño de Porto, concello de Ribadeo. Leste: monte consorciado Paleira. Sur: predios particulares dos veciños de Trabadela. Oeste: predios particulares dos veciños de Trabadela.

Descrición do perímetro: comezando polo norte vai paralelo e ás veces cadrando coa estrada de Oviedo a Vilalba da que se aparta baixando ata o Rego Seco lindando co monte Paleira. Na dirección oeste e cara ó norte onde comezaramos, linda con prados e predios particulares dos veciños do lugar de Trabadela e o predio particular de José Fernández Fernández.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 9 de decembro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo