Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A. Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación: parque Eólico Pedregal-Tremuzo.

Concellos afectados: Muros, Mazaricos e Outes.

Superficie afectada e coordenadas: 1.835 ha V1(499.000 N, 4.745.000 W), V2(500.000 N, 4.745.000 W), V3(501.000 N, 4.744.000 W), V4(504.000 N, 4.744.000 W), V5(504.000 N, 4.743.000 W), V6(504.600 N, 4.742.000 W), V7(504.000 N, 4.740.000 W), V8(503.000 N, 4.741.500 W), V9(502.000 N, 4.741.500 W), V10(501.000 N, 4.742.500 W), V11(501.000 N, 4.739 W), V12(500.000 N, 4.739.000 W), V13(500.000 N, 4.740.000 W), V14(499.200 N, 4.741.000 W) y V15(499.000 N, 4.743.000 W).

Potencia que se vai instalar: 24,42 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 8 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña