Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 15/1998).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A. Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación: parque Eólico Coriscada II.

Concellos afectados: Mañón e Ortigueira.

Superficie afectada e coordenadas: 1.950 ha V1(597.000 W, 4.835.000 N), V2(599.000 W, 4.835.000 N), V3(599.000 W, 4.834.000 N), V4(602.000 W, 4.834.000 N), V5(602.000 W, 4.830.000 N), V6(597.000 W, 4.830.500 N).

Potencia a instalar: 25 MW.

Durante o prazo de vinte días poderán presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 3 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Mártinez

Delegado provincial da Coruña