Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/198-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Castelaus-Golpellás-Pintás.

Situación: Calvos de Randín e Muíños.

Descricións técnicas: 5 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor tipo LA-56. (1ª) de 1.344 metros, con orixe no apoio nº 27 da L.M.T. Fornadeiro-Calvos e remate na L.M.T. Pintás-Vila. (2ª) de 2.899 metros, con orixe no apoio nº 10 da L.M.T. proxectada Lobás-Pintás e remate en apoio nº 30 da L.M.T. a C.T. de Vila. (3ª) de 627 metros, con orixe en apoio nº 20 da L.M.T. proxectada Lobás-Pintás e remate no C.T. aéreo existente de Golpellás. (4ª) de 2.045 metros, con orixe en apoio sen numerar da L.M.T. existente ó C.T. aéreo de Vila e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Castelaus. (5ª) de 1.178 metros, con orixe en apoio nº 36 da L.M.T. a C.T. Vila e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Pintás. 3 R.B.T. aéreas de 465, 1.165 e 860 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 19 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense