Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (831/1988).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Trinidad Autrán García, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro decoñecido Ramón J. Meijide Castro e outro S.C. para que o día 24 de marzo, ás 9.40 horas compareza na sala da audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esta data. Queda advertido de que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer se realizarán nos estrados deste xulgado,

agás as que deban revesti-la forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento. Tamén queda advertido de que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz de seu domicilio; e que deberá acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse. Comunícaselle tamén que as copias da demanda e documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Ó mesmo tempo, requírese o devandito demandado para que o día dos actos de conciliación e xuízo achegue os seguintes documentos: as follas de salarios do demandante e o libro de matrícula.

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado Ramón J. Meijide Castro e Outro S.C. expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 19 de xaneiro de 1999.

O secretario

Rubricado