Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 141/1998, por instancia de José Rafael Areoso Bardanca contra Juan José Patiño Iglesias e Germán Ignacio Sánchez Medina, e nas súas actuacións se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:
«Sentencia.
En nome de El-Rei.
En Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.
Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 141/1998, no que actuaron como partes, como denunciantes, José Rafael Areoso Bardanca e, como demandados, Juan José Patiño Iglesias e Germán Ignacio Sánchez Madina.
Foi parte o Ministerio Fiscal.
Decido que debo absolver e absolvo a Juan José Sánchez Patiño e a Germán Ignacio Sánchez Medina
da falta que se lles imputaba, con declaración de custas de oficio.
Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación e fixarase domiclio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresamente as razóns da indefensión.
Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen cando fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor na primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputadas, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión».
Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Lévese testemuño literal ós autos da súa razón e quede o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.
E para que conste e lle sirva de notificación a José Rafael Areoso Bardanca, expido e asino en Santiago de Compostela o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.
Rubricado