Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 401/98).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, se incoa

o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública que levará implícita a urxente ocupación, ós efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución da instalación de liña eléctrica aérea a 20 IV cunha lonxitude de 0,659 km, con orixe na L.M.T. ó C.T. Galogos (expediente 215) e final no C.T.I. proxectado Outeiro. Centro de transformación tipo intemperie Outeiro, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,175 km, orixe no C.T. proxectado Outeiro, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Outeiro, no termo municipal de Vedra (expediente 401/1998).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se é o caso, e recabar datos para a identificación dos bens que se afecten, e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, Edificio Administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente ós efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultar os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 4 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 401/98Provincia: A Coruña

L.M.T. a C.T. OuteiroTermo municipal: Vedra

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6Prado de GalosPradoIsabel Sinde CobasRúa Ramón y Cajal, 45-baixo

48014 Biscaia

œ-1165325