Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.787

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 11 de febreiro de 1999 polo que se fai pública a lista provisional de admitidos no proceso de selección de 15 farmacéuticos de atención primaria.

De conformidade co previsto na convocatoria, procédese á publicación da lista provisional de admitidos na orde de prelación obtida.

Os interesados poderán formular, no prazo de 10 días, a partir da data seguinte á da publicación, reclamación perante a División de Recursos Humanos.

Xunto con ela, farase pública novamente a relación completa dos aspirantes presentados á proba escrita con indicación da puntuación resultante da revisión feita na corrección mecanizada.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos