Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.787

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala administrativa desta universidade polo sistema de promoción interna.

Existindo prazas de adscrición indistinta ós grupos D e C das escalas de funcionarios da Universidade da Coruña, ocupadas por funcionarios da escala D, co fin de facilita-la promoción de persoal aínda mantendo os seus propios postos de traballo, de acordo co artigo 22 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública e o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, que aproba o Regulamento xeral de ingreso, provisión e promoción do persoal ó servicio da Administración, de conformidade co disposto nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro, e co fin de atende-las necesidades de persoal de Administración e servicios.

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto 253/1992, do 10 de setembro, modificado por Decreto 245/1998, do 30 de xullo, resolve:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir 51 prazas da escala administrativa da Universidade da Coruña polo sistema de promoción interna e polo procedemento de concurso-oposición, con suxeición ás bases que a seguir se indican.

A presente convocatoria non xerará prazas vacantes no corpo ou escala auxiliar da que proceden os aspirantes.

Bases da convocatoria

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo o modelo que figura como anexo IV desta convocatoria. Á instancia acompañarase focotopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (edificio do rectorado, rúa da Mestranza, s/n, CP 15001), en Ferrol (Doutor Vázquez Cabrera, s/n, CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27).

1.2. Os dereitos de exame serán de 7.515 pesetas, que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente número 1302-1700-42-0017957982, Probas selectivas para acceso á escala administrativa, ó nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso, do que a súa falta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade. Esta certificación, referida á data de publicación no BOE da presente convocatoria, deberá incorporarse á solicitude.

1.4 Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida e xustificada, e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario de carreira de calquera corpo ou escala do grupo D, con destino definitivo na Universidade da Coruña e posuír unha antigüidade de, alomenos, dous anos no devandito corpo ou escala.

Así mesmo, poderá participar nesta convocatoria, cos mesmos requisitos de titulación e antigüidade esixida ós funcionarios da escala auxiliar, o persoal laboral fixo a extinguir desta universidade pertencente a categoría laboral de auxiliar administrativo. Para o cómputo da antigüidade e demais efectos, a antigüidade na categoría profesional de auxiliar administrativo, como persoal laboral fixo, asimilarase á pertenza a un corpo ou escala do grupo D.

b) Estar en posesión do título de bacharelato superior ou formación profesional de 2º grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación das solicitudes. Así mesmo, para efectos da presente convocatoria, considéranse equivalentes á posesión da titulación:

-Ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de vintecinco anos ou estar en condicións de obte-lo certificado correspondente na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

-Ter unha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo D ou como persoal laboral fixo na categoría profesional de auxiliar administrativo.

-Ter unha antigüidade de cinco anos nun corpo ou escala do grupo D ou como auxiliar administrativo laboral fixo, e ter superado o curso específico de formación convocado por resolución rectoral da Universidade da Coruña do 5 de outubro de 1998.

c) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Listas de admitidos e excluídos.

3.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución na que se declaren aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do rectorado da universidade e no vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo o rector

dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada nos taboleiros de anuncios do Rectorado e Vicerrectorado de Ferrol, contra a que os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

3.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8.1 desta convocatoria.

4. Sistema selectivo.

4.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

4.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

5.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no artigo 13 do R.D. 364/1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

5.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación os seus traballos de asesores especialistas no número que considere necesario.

5.4. O tribunal terá a categoría 2ª das recollidas no Decreto 299/1990, de 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

6. Calendario das probas.

6.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución rectoral que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

6.2. A duración máxima das probas selectivas será de seis meses desde a data de publicación da presente convocatoria.

6.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine, con carácter xeral, a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

7. Listas de aprobados.

7.1. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

7.2. Concluído o exercicio da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares de celebración del, así como naqueloutros que coide oportuno, a relación dos aspi

rantes que o superasen, con indicación da puntuación obtida en cada unha das probas.

7.3. A cualificación final realizarase de acordo co previsto no anexo I da presente convocatoria.

7.4. O tribunal fará pública a relación dos aspirantes que superaron as probas selectivas, constituída por aqueles aspirantes que, en número non superior ó das prazas convocadas, obtivesen a maior puntuación nelas.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (rúa da Maestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Certificado de xerencia que acredite o cumprimento das condicións esixidas na alínea a) do punto 2.1. desta convocatoria.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas e, se é o caso, certificación da xerencia que acredite te-la antigüidade equivalente a que se refire a alínea b) do punto 2.1 desta convocatoria.

9. Nomeamento de funcionarios e toma de posesión.

9.1. Efectuados debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, o tribunal elevará ó rector a relación definitiva dos aspirantes con proposta de que sexan nomeados funcionarios da escala administrativa.

9.2. Os nomeamentos especificarán o destino adxudicado. Dadas as peculiaridades deste proceso de promoción interna, exclúese a adxudicación de destino de acordo coa orde de puntuación obtida no proceso selectivo, adscribíndose os aspirantes ó mesmo posto que veñan desempeñando como titulares. A adxudicación terá carácter definitivo se o posto de traballo se atopa adscrito na vixente relación de postos á escala a que aspiran, e carácter provisional no caso de que non estea incluído na relación de postos nesa escala. Neste último suposto o destino consolidarase como definitivo no caso de que na próxima relación de postos a praza figure adscrita á escala á que accedeu o funcionario.

9.3. Aqueles funcionarios que, en virtude do disposto no parágrafo anterior, accedan á escala superior con carácter provisional, e mentres permanezan nesa situación, percibirán o complemento de destino correspondente ó posto base da escala á que accedan, salvo que o posto que desempeñen teña asignado un nivel superior. O complemento específico será o correspondente ó posto de traballo realmente desempeñado.

9.4. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado desde a data

de publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial do Estado.

Segundo.-As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado, e os estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), e ó disposto nas bases desta convocatoria.

Terceiro.-A presente convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso ordinario contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 2 de febreiro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Procedemento de selección

O procedemento de selección será o de concurso-oposición, que consta das seguintes fases:

1. Fase de oposición, que constará dos seguintes exercicios:

1.1. Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio. Proba escrita constituída por 110 preguntas tipo test, relativas a todo o temario, cunha soa resposta. O tempo de realización deste exercicio será 1 hora 50 minutos.

Tódalas preguntas terán a mesma valoración, e non puntuarán negativamente as respostas incorrectas.

A puntuación será de 0 a 70 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 35.

1.2. Proba de galego: non eliminatoria e de mérito. Consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto de castelán para o galego, e de galego para o castelán, elixido por sorteo entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo de realización deste exercicio será de 1 hora e valorarase de 0 a 5 puntos.

2. Fase de concurso.

Para os aspirantes que superen a fase de oposición a valoración de méritos farase da seguinte forma:

2.1. Antigüidade: máximo 12,50 puntos.

Valorarase a antigüidade recoñecida, referida á data de remate do prazo de presentación das solicitudes da seguinte forma:

-Por cada ano completo de servicios: 0,625 puntos.

-Por cada mes completo de servicios que reste: 0,052 puntos.

2.2. Nivel de complemento de destino: máximo 12,50 puntos.

Polo nivel de complemento de destino correspondente ó posto de traballo que se desempeñe na data de publicación da convocatoria, de acordo coa seguinte puntuación:

NivelPuntos

2212,50

2010,50

188,50

166,50

144,50

No caso do persoal laboral computarase o nivel do posto de traballo que efectivamente estea desempeñando.

2.3. Cursos de formación: máximo 5 puntos. Os cursos de formación puntuarán da seguinte forma:

a) Cursos de formación recibidos:

-Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora.

-Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora.

-Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

-Curso de perfeccionamento da lingua galega: 0,02 puntos/hora.

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

b) Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

3. Puntuación do proceso selectivo.

A puntuación da fase de oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios. A puntuación do proceso selectivo virá determinada pola suma da fase de oposición, mailos méritos da fase de concurso, sempre que os aspirantes tivesen superada a fase de oposición.

No caso de empate daráselle preferencia atendendo á puntuación obtida no primeiro exercicio e, de persistir este, a prol do candidato que tivese maior antigüidade no corpo ou escala á que pertenza na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

ANEXO II

Programa

1. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común:

concepto e ámbito de aplicación. Os órganos das administracións públicas: principios xerais e competencias. Os órganos colexiados. Das actividades das administracións públicas: dereitos dos cidadáns. O rexistro. A compulsa, o cotexo e a copia autorizada.

2. Os actos administrativos: concepto, clases e elementos. Eficacia e validez. A súa motivación, notificación e publicación. A revisión dos actos: anulación e revogación.

3. O procedemento administrativo. Fases. Iniciación. Ordenación: tramitación, comunicación e notificación. Instrucción: informes, propostas de resolución e audiencia do interesado. Terminación: formas. O silencio administrativo. Especial referencia á certificación dos actos presuntos.

4. A revisión dos actos en vía administrativa. A revisión de oficio. Os recursos administrativos: principios xerais. O recurso ordinario. O recurso de revisión. A xurisdicción contencioso-administrativo. Actos impugnables. Reclamacións previas ás vías xudiciais civil e laboral. A responsabilidade das administracións públicas e do persoal ó seu servicio.

5. O persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña. Selección. Persoal funcionario: ingreso e provisión de postos e promoción profesional. O persoal laboral: réxime xurídico.

6. O profesorado universitario: clases e réxime xurídico. Concursos para a provisión de prazas docentes.

7. As incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Situacións administrativas.

8. Réxime retributivo do persoal funcionario, docente e laboral. Conceptos retributivos. Recoñecemento de servicios previos. Cotizacións correspondentes á Seguridade Social: réxime xeral. Dereitos pasivos. Muface.

9. As condicións de traballo do persoal da Administración pública: xornada e horario de traballo; vacacións, permisos e licencias. As xuntas de persoal e o comité de empresa.

10. O orzamento. Características e estructura. Créditos orzamentarios. As principais modificacións orzamentarias. Incorporacións de crédito. Créditos extraordinarios. Suplementos de crédito. Anticipos de tesourería. Ampliacións de crédito. Transferencias de crédito. Xeracións de crédito.

11. Ordenación do gasto e ordenación do pagamento. Órganos competentes. Fases do procedemento e documentos contables. Compromisos de gasto para exercicios posteriores.

12. O procedemento de execución dos gastos. Pagamentos: concepto e clasificación. Pagamento por obrigas orzamentarias. Pagamentos en firme e para xustificar.

13. Réxime económico e financeiro nos estatutos da Universidade da Coruña. O patrimonio. Financiamento e control do gasto. Especial referencia ós regulamentos de xestión orzamentaria e de contratación administrativa.

14. Os contratos administrativos: concepto e clases. O procedemento de contratación. O cumprimento ou incumprimento contractual. A revisión de prezos e outras alteracións contractuais. Sistemas de adxudicación dos contratos.

15. Procedemento para o ingreso nos centros da Universidade da Coruña. Matrícula. Simultaneidade de estudios. Réxime de permanencia. Traslados de expedientes. Validación de estudios españois e estranxeiros: procedemento.

16. Estructura dos estudios universitarios: de primeiro ciclo. De primeiro e segundo ciclo. De segundo ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao.

17. Plans de estudios: directrices xerais comúns ós plans de estudios das titulacións de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Obtención, expedición e homologación dos títulos universitarios. As titulacións propias da Universidade da Coruña.

18. Bolsas e axudas ó estudio: clases. Requisitos de carácter económico e académico. Procedemento. Outras axudas.

ANEXO III

Tribunal cualificador

Titulares.

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da universidade.

Vocais: Víctor Manuel Cabrera Sánchez, xerente da universidade.

Pilar Olmo Bosco, xefa do Servicio de Asesoría Xurídica.

María Olga Fernanda Rodríguez Sánchez, administradora da E.S. de Mariña Civil.

Juan García Vázquez, en representación sindical.

Secretario: Justiniano Rodríguez Soto, xefe do Servicio de Persoal.

Suplentes.

Presidente: Juan Jesús Fernández Cainzos, vicerrector de Asuntos Económicos.

Vocais: Alfonso Barca Lozano, secretario xeral.

Alfonso Vidal Carnota, xefe de Sección de Estudiantes.

Manuel Quintela Fuciños, administrador da E.U. de Fisioterapia.

Teresa González Martínez, en representación sindical.

Secretario: Daniel Miguélez Costa, xefe de Sección de Selección de Persoal.