Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.786

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola Orde do 16 de novem

bro de 1998 (DOG nº 230, do 26), este instituto, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1998, da función pública, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 25 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause alta o funcionario efectuará dentro dos prazos sinalados anteriormente a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das citadas dilixencias remitiranse copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

DNI: 52.450.289.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Méndez Torres, Mª Dolores.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Adquisición, Alleamento e Cesión do Solo.

Nivel: 28.

Código do posto: OTA050000015770004.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: IGVS/Dirección Técnica de Solo.