Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.786

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ós corpos facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos e facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de topógrafos.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 23 de novembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 27 de novembro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios relativas ós corpos facultativos superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos e facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de topógrafos.

Efectuada proposta pola citada comisión en sesión celebrada o 9 de febreiro de 1999, unha vez elevada esta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios dos corpos facultativos superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos e facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de topógrafos.

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo

e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, de se-lo caso, formularen as oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

Cuarto.-De conformidade co establecido na base 3.3 da Resolución do 23 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 27 de novembro), como requisito indispensable para ser admitido nas listas, deberase proceder ó pagamento no mesmo prazo de 10 días, das seguintes taxas por dereitos de inscrición:

-Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiro de camiños, canles e portos: 10.030 pesetas.

-Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de topógrafos: 8.770 pesetas.

O aboamento das taxas efectuarase segundo o modelo do anexo IV da Resolución do 23 de novembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 27 de novembro) nas entidades bancarias que se sinalan, debendo remiti-los interesados o dito anexo, no que figure o selo da entidade onde se realice o ingreso ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Non aboa-las taxas no prazo fixado suporá a exclusión automática da/s lista/s.

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública