Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión do 30 de decembro de 1998, o proxecto de modificación puntual das normas municipais do Concello de Vilamarín. Recualificación de terreos no núcleo rural de Vilamarín, redactado pola arquitecta Elvira Carregado Pazos, exponse ó público durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP para efectos da formulación das alegacións que se consideren pertinentes.

De conformidade co establecido no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais disposicións de aplicación, suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación ou demolición nas áreas do territorio obxecto da citada modificación puntual. A dita suspensión terá unha duración máxima dun ano e extínguese coa aprobación definitiva da citada modificación.

Vilamarín, 11 de xaneiro de 1999.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde