Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de preimpresión, impresión e encadernación de 1.500 exemplares do libro Cruceiros na Provincia da Coruña (4 tomos) do que é autor Luis Martín Ruiz (expediente 99/1016 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: preimpresión, impresión e encadernación de 1.500 exemplares do libro Cruceiros na Provincia da Coruña (4 tomos) do que é autor Luis Martín Ruiz.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: preimpresión: 15 días; impresión: 7 días; encadernación: 15 días.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 22.321.000 pesetas= 134.151,91 euros, IVE incluído, desagregado en tres lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 10 de febreiro de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña