Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día da data, acordou:

1. Aproba-lo estudio de detalle e o proxecto de compensación promovido por instancia de José Luis Rodríguez Esteban, en representación de Gadevi 2000 de Viviendas S.L., redactado polo arquitecto Pablo Costa Buján, comprensivo dun terreo situado na parcela nº 50 de Cacheiras, dunha superficie de 1.961 m, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 5 de xaneiro de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde