Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.

c) Número de expediente: Ref. 1191.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo do contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: pasarela peonil en Pena Trevinca-Serra Martiñá.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 15 de outubro de 1998 e DOG do 17 de novembro de 1998.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 54.517.847 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de decembro de 1998.

b) Contratista: Construccións Paraño, S.A. (Copasa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 54.517.847 ptas.

Ourense, 7 de xaneiro de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde