Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de ordenación do medio rural para o termo municipal de Ramirás.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de ordenación do medio rural para o termo municipal de Ramirás polo Pleno Municipal na súa sesión do 31 de xullo de 1998, co quorum esixido polo artigo 47.3 i) da Lei de administración local de Galicia.

A Corporación Municipal, na referida sesión, por unanimidade acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de ordenación do medio rural para o termo municipal de Ramirás redactado pola arquitecta María Jesús Castelo Villanueva, que consta no expediente.

Segundo.-Ordena-la publicación inmediata da aprobación do proxecto aprobado no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense, inserindo neste último o texto normativo das ordenanzas que contén; así como dar conta da aprobación á Consellería de Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda conforme o sinalado no artigo 48 da Lei do solo

de Galicia co fin de que produza a entrada en vigor do proxecto aprobado.

Ramirás, 21 de decembro de 1998.

Pilar López García

Alcaldesa