Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 13 de novembro de 1998, acordou por unanimidade:

Aproba-lo expediente de expropiación forzosa dos terreos necesarios para a contratación do novo depósito regulador de auga en Montealegre.

En cumprimento co disposto no artigo 145.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público o expediente de expropiación forzosa dos terreos necesarios para a construcción dun novo depósito regulador de auga en Montealegre, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, por espacio dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus dereitos.

Únese relación de propietarios e bens que se expropian:

Predio: nº 1.

Propietaria: María Vicenta Suárez Varela.

Superficie: 3.037 m.

Prezo: 12.266.392 ptas.

Predio: nº 2.

Propietaria: Emilia Ibarra Fernández.

Superficie: 379 m.

Prezo: 1.958.379 ptas.

Ourense, 17 de novembro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde