Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO.

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria do día 29 de decembro de 1998, aprobou o avance do proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Oímbra, que foi redactado pola empresa adxudicataria do traballo, Abogados Menor S.C., FEMA, Grupo de Xestión Técnico Xurídico Urbanística (Ourense) e que se está levando a cabo en virtude de subvención concedida pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

De conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública, polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir da inserción

do presente edicto no DOG. Durante este prazo as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Oímbra, 8 de xaneiro de 1999.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde