Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (23/1998).

O Concello Pleno, en sesión do día 14 de decembro de 1998, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o plan parcial de Eirís.

2. Ordena-la súa publicación, segundo o disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de decembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado