Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (9/1994).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 9 de decembro de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación do proxecto de urbanización da parcela de Carburos Metálicos, S.A., sita en Eirís, presentado pola entidade Vivenda Confort.

O que se fai público, significando que contra a presente resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberase comunicar previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñer recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 17 de decembro de 1998.

A alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda