Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Laxe e sometido a coñecemento do Pleno da Corporación en sesión cele

brada o 28 de xaneiro de 1999, este acordou, en cumprimento do disposto no parágrafo 1 do artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, abrir un período de información pública desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anunio no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Voz de Galicia ata o día 31 de marzo de 1999, prazo durante o cal as entidades e particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

O avance pode ser examinado no salón de sesións da casa do concello, de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Laxe, 29 de xaneiro de 1999.

Antonio Castro Lema

Alcalde