Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 8 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución recaída no expediente sancionador 63.15/95 (B), por infracción á lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que se relaciona no anexo, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente sancionador, polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (en diante L.C.) e ó seu regulamento xeral para desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto, (en diante R.C.).

Contra a presente resolución pódese interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 8 de febreiro de 1999.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 63.15/95 (B).

Denunciado/a: Construcciones Albino Fernández, S.L.

Condición: constructora.

Último enderezo coñecido: r/ Rons-O Grove.

Feitos sancionados: construcción dunha vivenda unifamiliar de madeira e construcción dun galpón de ladrillo.

Lugar: Praia de Barcela.

Concello: O Grove.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C. e artigo 45.1º a), 46.1º e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), 91.2º e) e 97.1º b) da L.C. e artigos 174 c), 175.2º e) e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 1.142.746 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da L.C. e 179.1º do R.C., o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, deberá realizalo no prazo dun mes desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.