Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 1 de decembro de 1998 pola que se lle notifica o laudo da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia do 7 de outubro de 1998 á empresa Galaicagás, S.L. ó ser devolto polo servicio de correos por resultar rexeitado polo destinatario.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula ponse en coñecemento da empresa Galaicagás, S.L. o laudo arbitral dictado, o día 7 de outubro de 1998, polo Colexio Arbitral nomeado para resolve-la reclamación formulada por Purificación Arines Otero contra a devandita empresa.

Empresa: Galaicagás, S.L.

Enderezo: rúa Hórreo, 15-17 (baixo) Santiago de Compostela.

Laudo:

O Colexio Arbitral, entrando no estudio da solicitude de arbitraxe e segundo o seu leal saber e entender, pronunciou o seguinte laudo:

«Estímase a reclamación presentada por Purificación Arines Otero por quedar demostrado que tiña a revisión periódica pasada, sen defectos, con data do 6 de novembro de 1996.

Polo cal, se lle esixe á empresa reclamada a devolución dos importes das facturas números 178 e 147 por 3.550 e 5.750 pesetas respectivamente.

O dito laudo foi adoptado por unanimidade.

O prazo para o cumprimento deste laudo é de 15 días a partir da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes o presente laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra este cabe o recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe».

Dentro dos cinco días seguintes á notificación, poderá pedirlle ó Colexio Arbitral que corrixa cal

quera erro de cálculo, de copia, tipográfico ou similar ou que aclaren algún concepto escuro ou omisión do laudo.

En Pontevedra, 1 de decembro de 1998.

José Mª Muíños Mayoral

Secretario do Colexio Arbitral